miércoles, 29 de febrero de 2012

OBRADOIROS

Novos obradoiros, axuntámosvos as novas fechas, horarios e prezos, para que non digades que vos temos informados...

E en especial este mes daránse dous cursos nos que escasean as prazas, e está máis que aconsellable a súa participación, garantido unha experiencia para as artes visuais, como é o impartido polo fotógrafo Gabi Tizón, partindo dun punto de vista moi propio no que podedes participar...


...e unha creatividade nas artes visuais coma a de Gemma Pérez, que afrontará un obradoiro de deseño gráfico, no que abarcará distintas partes deste..


Así que xa sabedes onde estamos, esperamos a vosa visita


______________________

Para máis información
www.colectivolaverca@gmail.com

miércoles, 8 de febrero de 2012

Estivemos en EmporcARTE '12

O pasado venres 3 tivo lugar en Lalín (Pontevedra) a segunda edición da mostra de arte multidisciplinar EmporcARTE, onde Laverca estivo representada por varios dos nosos membros. A mostra contou con diversidade de obras que xiraban entorno ao porco e ao cocido, parte moi importante da gastronomía e cultura lalinense.



Por unha banda presentouse en sociedade CociCHÍN! da empresa CHÍN, unha proposta de cocido instantáneo traída do ano 4137. Nese futuro o porco despareceu e a empresa en cuestión descubriu un documento videográfico no que se amosa a preparación do cocido tradicional galego. Con este punto de partida a empresa CHÍN desenvolveu unha receta con ingredientes semellantes aos daquela época, e incluso conseguíu acadar as esencias dos mesmos. Tamén se podía ver no seu stand unha escultura en resina dunha recreación do prato galego. Esta obra interactiva e que abrangue diferentes disciplinas, foi creada e executada por Gemma Pérez, Virginia Díaz, Cristina Cotelo e María Álvarez.


Tamén estivo o noso compañeiro Pablo Vence que participou na mostra cunha escultura de arame de aluminio dun porco titulada Recordos da infancia. A obra fai referencia ao recordo dos seus días de neno na aldea e da tradición da matanza.