viernes, 9 de marzo de 2012

Obradoiro de cómic

Hoxe traemos información sobre o obradoiro de Iniciación ao cómic que vai levar a cabo o colectivo de ilustradores Miñoco. Miñoco naceu fai aproximadamente un 1 ano como unha iniciativa de varios compañeiros da escola de artes Pablo Picasso, coa intención de desenvolver proxectos en común e conseguir maior difusión do traballo dos seus integrantes. O ano pasado participaron en varias exposicións colectivas (Punto e Pixel, ExpOtaku, Destapando Bañeras) e participaron activamente no mercado do Soho e no Salón do Cómic da cidade herculina.


Para inaugurar as actividades deste ano presentan no noso local o curso ao que nos referimos antes e unha exposición centrada no proceso creativo do cómic e da ilustración. Para máis información lede o post que publicaron no seu blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario