No mes de Agosto levamos a cabo unha experiencia nova dentro da asociación que esperamos que se repita máis veces: ORNITOCIRCO. Qué diantres significa esto? Poderíamos explicalo, pero xa perdería toda a gracia. O importante é que son unhas xornadas intensivas nas que intentamos facernos visibles dentro do barrio, facer un pouco de publicidade e darlle saída as obras de tódolos socios, aínda que tamén estabamos abertos a que xente de fora mostrase o seu traballo.
Foi unha experiencia positiva? En xeral cremos que sí, pese a que non se acadaron todos os obxectivos planeados. Faltounos previsión e promocionar o evento con certa antelación, pero dos erros apréndese e iremos mellorando con cada edición. O importante é manter o movemento de actividades e facernos ver no barrio e na cidade.
O mellor sen dúbida foi o día da inauguración. Amigos e algún curioso achegáronse para disfrutar do buffet caseiro vexetariano e da sangría improvisada. Houbo risas, música e moita arte, non so pendurada das paredes.
Agora temos que afrontar un novo curso escolar: poñer en marcha os obradoiros e facer unha programación das mostras artísticas, seguir novos socios e colaboradores; pero esperamos que para a primavera do ano que ven vólvase a repetir esta curiosa e divertida experiencia. Vémonos!
Fotografías de Virginia De
No hay comentarios:
Publicar un comentario